Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | ISAÍAS 1-5

“Subamos ó monte do Señor”

“Subamos ó monte do Señor”

2:2, 3

“Á fin dos días”

O tempo no que estamos a vivir.

“O monte da Casa do Señor”

A elevada adoración pura de Xehová.

“Xuntaranse nel tódalas xentes”

Os que adoran a Xehová estarán unidos.

“Vinde, subamos ó monte do Señor”

Os servos de Xehová invitarán a outros a unirse a eles.

“Para que nos mostre os seus camiños, e camiñemos polos seus vieiros”

A Biblia é o medio que Xehová usa para instruírnos e axudarnos a vivir as nosas vidas dun xeito que a el lle agrade.

2:4

“Nin aprenderán de novo a face-la guerra”

Ó dicir que coas armas se forxarán apeiros de labranza, Isaías está indicando que o pobo de Xehová buscará a paz. Nos tempos de Isaías, cales eran estes apeiros?

“Coas espadas forxarán arados”

1 Unha parte do arado chamada rella, ou palmela, servía para abrir a terra. Nalgúns arados esta peza era de metal (1 Sam. 13:20).

“Coas lanzas, podadeiras”

2 Probablemente se refire a unha ferramenta que consistía nunha folla metálica curva con mango. Usábase para podar as vides (Is. 18:5).