A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Axudemos a facerse discípulos ós que están dispostos para a vida eterna
POR QUE É IMPORTANTE?. Xehová é quen fai crecer a semente da verdade nos corazóns dos que están dispostos para vida eterna (Feit. 13:48; 1 Cor. 3:7). Nós colaboramos con El concentrándonos en axudar ós que responden ó que van aprendendo (1 Cor. 9:26). É importante que os estudantes da Biblia entendan que deben bautizarse para obter a salvación (1 Pe. 3:21). Para axudarlles a facerse discípulos, debemos explicarlles a importancia de facer os cambios necesarios, predicar e ensinar, e dedicar a súa vida a Xehová (Mt. 28:19, 20).
COMO FAGO?
-
Explícalles que o obxectivo do curso é que cheguen a coñecer a Xehová e facer o que nos pide (Xn. 17:3).
-
Axúdalles a ter unha amizade con Xehová. Para conseguilo, deberán vencer posibles obstáculos, como malos hábitos ou malas compañías.
-
Fortaléceos e anímaos antes e despois de se bautizaren (Feit. 14:22).
DESPOIS DE VER O VÍDEO XEHOVÁ É QUEN TE AXUDA, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que pode facer que alguén non se decida a dedicarse e bautizarse?
-
Como poden os anciáns axudar ós estudantes da Biblia a avanzar?
-
Que aprendemos de Xehová en Isaías 41:10?
-
Malia sermos imperfectos, que calidades fan posible que Xehová nos acepte como servos seus?