A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Sexamos adaptables
POR QUE É IMPORTANTE. Os unxidos e as outras ovellas convidan a todo tipo de persoas a coller “de balde auga da vida” (Ap. 22:17). Esta auga simbólica representa todo o que Xehová fixo para rescatar os humanos obedientes do pecado e da morte. Para poder axudar a quen ten outros costumes ou crenzas relixiosas, é preciso que falemos da “boa nova eterna” dun xeito que chame a súa atención (Ap. 14:6).
COMO FAGO?
-
Escolle un tema e un texto bíblico que chegue ó corazón das persoas da túa zona. Podes comezar empregando unha das conversas de mostra, ou doutro xeito que che dese bos resultados. Que temas e textos bíblicos lles interesan ás persoas? Hai algunha noticia recente que teña moita sona entre os veciños? De que distintos xeitos podemos chegar ó corazón dun home e ó dunha muller?
-
Inclúe na conversa os saúdos e as formalidades que sexan comúns na túa zona (2 Cor. 6:3, 4).
-
Afaite ás publicacións e ós vídeos das ferramentas básicas de ensino para empregalas cos que teñan interese.
-
Descarga publicacións e vídeos nos idiomas que falen as persoas da túa zona.
-
Adapta o tema ás necesidades do amo de casa (1 Cor. 9:19-23). Por exemplo, que dirías se soubeses que lle morreu un dos seus hai pouco?
DESPOIS DE VER O VÍDEO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que tema empregou o predicador para comezar a conversa?
-
Que situación estaba a vivir a persoa?
-
Que texto bíblico lle leu, e por que foi o máis axeitado?
-
Como podemos adaptar a conversa para chegar ó corazón das persoas da nosa zona?