A NOSA VIDA CRISTIÁ
A terra “zugou o río”
Ó longo da historia, houbo momentos nos que as autoridades deste mundo axudaron o pobo de Xehová (Esd. 6:1-12; Est. 8:10-13). Na historia recente, as autoridades máis razoables de diferentes países, ou “a terra”, zugaron “o río” de persecución do “dragón”, Satán (Ap. 12:16). Xehová, o “Deus que salva”, pode facer que as autoridades humanas axuden o seu pobo (Sal. 68:21 [68:20, NM]; Pr. 21:1).
Pero, e que pasa se te meten na cadea por mor da túa fe? Nunca dubides de que Xehová coida de ti (Xén. 39:21-23; Sal. 105:17-20). Podes estar seguro de que Xehová te recompensará pola túa fe, e de que a túa integridade lles dará azos a outros irmáns por todo o mundo (Flp. 1:12-14; Ap. 2:10).
DESPOIS DE VER O VÍDEO IRMÁNS COREANOS SAEN DO CÁRCERE, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Por que meteron presos ó longo dos anos a miles dos nosos irmáns de Corea do Sur?
-
Que decisións das autoridades fixeron posible que se lles concedese a liberdade anticipada a algúns dos nosos irmáns?
-
Como podemos axudar os irmáns arredor do mundo que están presos pola súa fe?
-
Como deberiamos usar a liberdade que temos na actualidade?
-
Quen é, en realidade, o responsable das vitorias legais da nosa organización?