Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | LEVÍTICO 12-13

Leccións que aprendemos das leis da lepra

Leccións que aprendemos das leis da lepra

13:4, 5, 45, 46, 52, 57

Que principios hai tralas leis da lepra, e como poden axudarnos a protexer a nosa saúde espiritual?

  • Xehová ensinoulles ós sacerdotes como identificar a lepra rapidamente. Os pastores cristiáns de hoxe en día tamén actúan sen demora cando alguén precisa axuda espiritual (Sant. 5:14, 15).

  • Os israelitas tiñan que destruír calquera cousa que estivese infectada con lepra para evitar que se estendese a enfermidade. Os cristiáns tamén debemos estar dispostos a desfacernos mesmo de cousas que valoramos moito, e non permitir que nos fagan pecar (Mt. 18:8, 9). Isto pode incluír cousas como hábitos, amizades ou entretemento.

Como pode un cristián amosar que está decidido aceptar a axuda de Xehová?