A NOSA VIDA CRISTIÁ
Gustaríache asistir ó Curso para Evanxelizadores do Reino?
Tes entre 23 e 65 anos e serves a Xehová a tempo completo? Desfrutas de boa saúde e estás disposto a servir alí onde máis se precise? Se respondiches que si a ambas preguntas, pensaches en solicitar ir ó Curso para Evanxelizadores do Reino? Dende que comezou este curso, miles de matrimonios, solteiros e solteiras encheron a solicitude. Non obstante, precisamos que máis irmáns solteiros soliciten asistir. Pídelle a Xehová que che axude a agradarlle e a imitar o seu fillo (Sal. 40:9 [40:8, NM]; Mt. 20:28; Heb. 10:7). Despois pensa en como poderías ter menos responsabilidades laborais ou persoais para poder encher a solicitude.
Que portas se lles abriron ós graduados que recibiron esta formación teocrática? Algúns foron asignados a servir en zonas onde se fala outro idioma ou a participar na predicación pública especial en áreas metropolitanas. Outros serviron máis tarde como substitutos de superintendentes de circuíto, superintendentes de circuíto ou misioneiros. Mentres pensas nas diferentes cousas que poderías facer no servizo a Xehová, desexamos que poidas imitar a actitude do profeta Isaías, quen dixo: “Aquí estou, mándame a min” (Is. 6:8).
DESPOIS DE VER O VÍDEO OS MISIONEIROS, TRABALLADORES NA COLLEITA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Como se decide quen será misioneiro?
-
Que bo traballo fan os misioneiros?
-
Cales son algunhas das bendicións das que desfrutan os misioneiros?