Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Amosamos o noso amor cando apoiamos a disciplina de Xehová

Amosamos o noso amor cando apoiamos a disciplina de Xehová

A expulsión protexe a congregación e disciplina os pecadores que non se arrepinten (1 Cor. 5:6, 11). Cando apoiamos esta clase de disciplina de Xehová, amosamos o noso amor. Pero como pode ser isto certo cando a expulsión produce tanta dor emocional a tódolos implicados, incluídos os familiares próximos e os que participan no comité xudicial?

Sobre todo, amosamos amor pola reputación de Xehová e polas súas santas normas (1 Pe. 1:14-16). Tamén demostramos que amamos a persoa que foi expulsada. A disciplina firme, inda que é dolorosa, pode pagar “co froito pacífico da xustiza” (Heb. 12:5, 6, 11). Se nos asociamos con alguén expulsado ou desasociado, estamos interferindo na disciplina de Xehová. Recordemos que Xehová disciplina os seus servos “ata o grao debido” (Xer. 30:11NM). Mentres apoiamos a forma que ten Xehová de disciplinar e mantemos a nosa rutina espiritual, non perdemos a esperanza de que a persoa volva a carón do noso Pai misericordioso (Is. 1:16-18; 55:7).

DESPOIS DE VER O VÍDEO SEXAMOS LEAIS DE TODO CORAZÓN, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como se senten os pais cristiáns cando un fillo deixa a Xehová?

  • Como pode a congregación apoiar as familias que sofren esta clase de perda?

  • Que relato da Biblia amosa que a lealdade a Xehová é máis importante que a lealdade á familia?

  • Como poñemos a lealdade a Xehová por riba da lealdade á familia?