LEVÍTICO 10-11
TESOUROS DA BIBLIA |O amor por Xehová é máis forte que o amor pola familia
10:1, 2, 4-7
A expulsión dun ser querido pode poñer a proba a nosa lealdade a Xehová. As instrucións que Deus lle deu a Aharón son unha clara advertencia para todos aqueles que deban cortar a relación cun familiar expulsado. O noso amor por Xehová debe ser máis forte que o noso amor por familiares que son infieis a Deus.
Que bendicións poden recibir aqueles que seguen as instrucións de Xehová acerca dos expulsados? (1 Cor. 5:11; 2 Xn. 10, 11)