Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sexamos mellores mestres. Invitemos ás reunións ós que se interesan na mensaxe

Sexamos mellores mestres. Invitemos ás reunións ós que se interesan na mensaxe

POR QUE É IMPORTANTE. As reunións dannos a oportunidade de cantar e louvar a Xehová con regularidade (Sal. 149:1). Nelas aprendemos a facer a súa vontade (Sal. 143:10). Tanto os que mostran interese coma os estudantes da Biblia fan máis progresos cando comezan a asistir ás reunións.

COMO FAGO?

  • Invita a persoa o antes posible. Non é necesario que esperes a ter establecido un curso da Biblia (Ap. 22:17).

  • Explícalle como son as nosas reunións e de que se falará na seguinte. Podes probar con algunha destas axudas: a invitación para as reunións, o vídeo Como son as nosas reunións?, ou as leccións 5 e 7 do folleto Vontade de Xehová.

  • Ofrécelle axuda. Por exemplo, pregúntalle se necesita transporte ou orientación para escoller roupa axeitada. Senta ó seu lado na reunión, comparte con ela as publicacións, e preséntalle os irmáns.