Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Evitemos os seguintes erros ó dar cursos bíblicos

Evitemos os seguintes erros ó dar cursos bíblicos

Falar moito. Non é necesario que ti o expliques todo. Xesús facía preguntas para axudar á xente a razoar e chegar á conclusión correcta (Mt. 17:24-27). As preguntas fan máis amena a sesión de estudo e permiten ver que cre o estudante e se entende a información (be-S páx. 253 pars. 3, 4). Cando lle fagas unha pregunta, sé paciente e déixalle tempo para responder. Se non sabe a resposta, non lla digas. É mellor facerlle preguntas adicionais que lle axuden a chegar á resposta correcta en por el (be-S páx. 238 pars. 1, 2). Fálalle a un ritmo que lle permita asimilar as ideas novas que está a aprender (be-S páx. 230 par. 4).

Complicar a explicación. Evita a tentación de contarlle todo o que sabes do tema que esteades estudando (Xn. 16:12). Céntrate no punto que destaca o parágrafo (be-S páx. 226 pars. 4, 5). Dar demasiados detalles, aínda que sexan moi interesantes, fai que se perdan as ideas principais (be-S páx. 235 par. 3). Unha vez que o estudante entendeu o punto, pasa ó seguinte parágrafo.

Limitarse a abranguer a información. O noso obxectivo é chegar ó corazón, non se limita a ler a información (Lc. 24:32). Aproveita o poder da Palabra de Deus para destacar os textos clave (2 Cor. 10:4; Heb. 4:12; be-S páx. 144 pars. 1-3). Pon ilustracións sinxelas (be-S páx. 245 pars. 2-4). Pensa nas crenzas e retos de cada estudante e adapta a clase ás súas necesidades. Podes preguntarlle, por exemplo: “Que pensas disto que estamos aprendendo?”, “Que nos ensina isto acerca de Xehová?”, “Que efectos positivos cres que ten aplicar este consello?” (be-S páx. 238 pars. 3-5; páx. 259 par. 1).