Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | SALMO 119

“Andemos coa lei de Xehová”

“Andemos coa lei de Xehová”

Andar coa lei de Xehová implica seguir a súa guía de boa gana. A Biblia contén moitos exemplos de servos seus que, coma o salmista, obedeceron a lei de Xehová e confiaron nel.

A verdadeira felicidade depende de que andemos na lei de Xehová

119:1-8

Xosué demostrou que confiaba plenamente na guía divina. Sabía que para ser feliz e ter éxito na vida debía confiar en Xehová de todo corazón.

A Súa Palabra dános o valor que precisamos para afrontar os problemas da vida

119:33-40

Nos momentos difíciles, Xeremías demostrou valor e confianza en Xehová. Levou unha vida sinxela e sempre cumpriu coas responsabilidades que El lle dera.

O coñecemento exacto da Biblia dános a confianza que precisamos para predicar

119:41-48

Paulo nunca tivo medo de compartir a mensaxe de Deus con todo o mundo. Cando lle predicou ó gobernador Fiz, confiaba totalmente en que Xehová o axudaría.

En que situacións podo demostrar máis confianza para predicar?

  • Escola

  • Traballo

  • Familia

  • Outro