Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como axudar ós fillos a ter unha fe inabalable no Creador

Como axudar ós fillos a ter unha fe inabalable no Creador

A creación proclama a gloria de Deus (Sal. 19:2-5 [19:1-4NM]; 139:14). Non obstante, este mundo do Maligno promove teorías acerca da orixe da vida que deshonran a Deus (Rm. 1:18-25). Como podes evitar que este tipo de ideas arraiguen na mente e no corazón dos teus fillos? Axúdalles desde moi pequenos a cultivar fe en que Xehová existe e se preocupa por eles (2 Cor. 10:4, 5; Ef. 6:16). Intenta coñecer o que de verdade pensan acerca do que aprenden na escola, e utiliza tódalas axudas dispoñibles para chegarlles ó corazón (Pr. 20:5; Sant. 1:19).

DESPOIS DE VER O VÍDEO O QUE DIN OUTROS MOZOS. CRER EN DEUS, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que pensa moita xente acerca de crer en Deus?

  • Que ensinan na túa escola?

  • Que te convence de que Xehová existe?

  • Que argumentos utilizarías para razoar con alguén sobre a existencia dun Creador?