ISAÍAS 52-57
TESOUROS DA BIBLIA |Cristo sufriu por nós
Desprezado, o máis rexeitado dos homes. Considerado ferido, castigado por Deus e aflixido
53:3-5
-
Xesús foi desprezado e acusado de blasfemia. Algúns pensaban que Deus o estaba a castigar, coma se o atormentase cunha enfermidade noxenta.
Xehová quixo esmagalo. Por medio de Xesús cumprirase a vontade de Deus
53:10
-
Sen dúbida, Xehová sufriu cando viu que executaban o seu fillo. Non obstante, alegrouse de que Xesús fose completamente fiel. Coa súa morte, respondeu ó desafío de Satanás acerca da lealdade dos servos de Deus, e trouxo beneficios ós humanos que se arrepintan. Deste xeito, contribuíu ó cumprimento da vontade de Xehová.