ISAÍAS 58-62
TESOUROS DA BIBLIA |Proclamemos o ano de graza de Xehová
O ano de graza de Xehová non é un ano literal
61:1, 2
-
É un período de tempo durante o cal Xehová dálles ós mansos a oportunidade de responder á súa proclamación de liberdade.
-
No século primeiro, o ano de graza comezou cando Xesús empezou o seu ministerio no ano 29 n. e., e rematou no “día de rescate” de Xehová, cando Xerusalén foi destruída no ano 70 n. e.
-
Na actualidade, o ano de graza comezou coa coroación de Xesús no ceo en 1914, e rematará coa gran tribulación.
Xehová bendice o seu pobo con “terebintos de lexitimidade”
61:3, 4
-
No idioma hebreo orixinal, o termo “terebintos” refírese a árbores grandes e fortes.
-
As árbores máis grandes do mundo adoitan crecer xuntas formando bosques, apoiándose así unhas ás outras.
-
Os seus enormes sistemas de raíces entrelázanse; isto sérvelles de suxeición e axúdalles a resistir os temporais.
-
As árbores altas protexen coa súa sombra ás máis novas, e as follas que caen ó chan nutren o solo.
Tódolos membros da congregación cristiá se benefician do apoio e a protección das árbores grandes de xustiza, o resto unxido.