A NOSA VIDA CRISTIÁ
Alegres na esperanza
A esperanza é coma unha áncora (Heb. 6:19). Axúdanos a evitar o naufraxio espiritual cando navegamos no medio dunha treboada (1 Tim. 1:18, 19). Estas treboadas poden ser decepcións persoais, perdas materiais, longas enfermidades, a morte dun ser querido ou calquera outra ameaza á nosa integridade.
Grazas á fe e á esperanza, podemos ver con claridade a recompensa prometida (2 Cor. 4:16-18; Heb. 11:13, 26, 27). Por iso é fundamental que alimentemos a nosa esperanza meditando nas promesas da Palabra de Deus, sexa que esperemos vivir nos ceos ou na terra. Deste xeito, cando suframos calquera proba, resultaranos máis sinxelo conservar o gozo (1 Pe. 1:6, 7).
DESPOIS DE VER O VÍDEO ALEGRES NA ESPERANZA, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Por que Moisés é un exemplo a imitar?
-
Que responsabilidade teñen os cabezas de familia?
-
Que temas podes incluír en futuras sesións da Adoración en Familia?
-
Como che pode axudar a esperanza a afrontar as probas con confianza?
-
Que promesas tes gana de ver cumpridas?