Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | ISAÍAS 63-66

Os ceos novos e a terra nova causarán gran felicidade

Os ceos novos e a terra nova causarán gran felicidade

A promesa divina de restauración do capítulo 65 de Isaías é tan real que Xehová fala dela como se xa estivese cumprida.

Xehová crea uns ceos novos e unha terra nova, onde non se lembrarán as cousas vellas

65:17

Que son os ceos novos?

  • Un novo goberno que traerá a xustiza á terra.

  • Estableceuse en 1914, cando Xesús foi coroado rei do Reino de Deus.

Que é a terra nova?

  • Unha sociedade formada por xente de tódalas nacionalidades, linguas e razas que se someterán de boa gana ó novo goberno celestial.

En que sentido non se lembrarán as cousas vellas?

  • Todo o que cause malos recordos, ben sexa sufrimento emocional, físico ou mental, deixará de existir.

  • As persoas fieis gozarán da vida a plenitude e tódolos días estarán cheos de fermosas lembranzas.