Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Honra a teu pai e a túa nai”

“Honra a teu pai e a túa nai”

Cando Xesús estivo na terra, destacou o seguinte mandamento: “Honra a teu pai e a túa nai” (Éx. 20:12; Mt. 15:4). Xesús mesmo era un exemplo neste aspecto, xa que sempre foi obediente a seus pais cando era novo (Lc. 2:51). De adulto, asegurouse de que alguén coidase da súa nai cando el morrese (Xn. 19:26, 27).

Na actualidade, os mozos cristiáns honran a seus pais ó obedecelos e falarlles con respecto. De feito, o mandamento de honrar os pais non depende da idade. Mesmo se son de idade avanzada, debemos seguir honrándoos mediante beneficiarnos da súa sabedoría (Pr. 23:22). Tamén os honramos coidando deles en sentido emocional e económico segundo o precisen (1 Tim. 5:8). Sexamos novos ou vellos, para honrar os nosos pais debemos manter unha boa comunicación con eles.

DESPOIS DE VER O VÍDEO DO TABOLEIRO ANIMADO COMO FALAR COS TEUS PAIS, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que che pode resultar difícil falar cos teus pais?

  • Como podes honrar a teus pais cando falas con eles?

  • Por que paga a pena esforzarte por comunicarte cos teus pais? (Pr. 15:22)

    Unha boa comunicación cos teus pais axudarache a que che vaia ben na vida