Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | MATEO 14-15

Xesús alimenta a moitos mediante uns poucos

Xesús alimenta a moitos mediante uns poucos

Xusto antes da Pascua do ano 32 n. e., Xesús fixo o único milagre que os catro evanxelistas rexistraron.

Mediante este milagre, Xesús estableceu un modelo que continúa ata os nosos días.

14:16-21

  • Xesús mandoulles ós seus discípulos que desen de comer a unha multitude, aínda que só tiñan cinco bolos de pan e dous peixes.

  • Xesús colleu o pan e os peixes, fixo unha oración, e distribuínos entre os seus discípulos, que os repartiron entre a xente.

  • Milagrosamente, houbo comida dabondo para todos. Xesús alimentou miles de persoas mediante uns poucos: os seus discípulos.

  • Xesús predixo que, durante os días derradeiros, escollería un medio polo que “daría de comer á servidume no seu debido tempo” (Mt. 24:45).

  • En 1919, Xesús nomeou “o criado fiel e prudente”, un pequeno grupo de irmáns unxidos, sobre “a servidume”, aqueles a quen alimentan.

  • Mediante este pequeno grupo de cristiáns unxidos, Xesús está a seguir o modelo que el mesmo estableceu no século primeiro.

Como podo demostrar que recoñezo e respecto o medio que Xesús usa para alimentarnos en sentido espiritual?