Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como usar ben as preguntas

Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como usar ben as preguntas

POR QUE É IMPORTANTE?. Se os pensamentos son coma “auga profunda na mente do home”, as preguntas son coma un caldeiro para sacalos (Pr. 20:5). Usándoas, metemos a outra persoa na conversa. As respostas ás preguntas ben escollidas adoitan conter información valiosa. Xesús sabía usalas ben. Como podemos seguir o seu exemplo?

COMO FAGO?

  • Fai preguntas de opinión. Xesús fíxolles varias preguntas ós seus seguidores para saber o que pensaban (Mt. 16:13-16; be-S páx. 238 pars. 3-5). Que preguntas de opinión farías ti?

  • Fai preguntas que axuden a razoar. A fin de corrixir a forma de pensar de Pedro, Xesús fíxolle preguntas e ofreceulle varias posibles respostas para axudalo a chegar á conclusión correcta (Mt. 17:24-26). Que preguntas poderías facer para axudar a alguén a chegar á conclusión correcta?

  • Felicita o teu interlocutor. Cando un letrado respondeu “con moito tino”, Xesús felicitouno (Mc. 12:34). Como poderías felicitar a alguén que che responde a unha pregunta?

DESPOIS DE VER A PRIMEIRA PARTE DO VÍDEO SIGAMOS CO LABOR QUE XESÚS COMEZOU. ENSINAR, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que este é un exemplo de como non se debe ensinar, aínda que a información sexa exacta?

  • Por que non debemos limitarnos simplemente a explicar a información?

DESPOIS DE VER A SEGUNDA PARTE DO VÍDEO, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como usou ben as preguntas o irmán?

  • Que outros aspectos da súa forma de ensinar podemos imitar?

Que efecto ten a nosa ensinanza noutros? (Lc. 24:32)