Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | MATEO 18-19

Procuremos non tropezar nin ser causa de tropezo

Procuremos non tropezar nin ser causa de tropezo

Xesús puxo algúns exemplos para explicar a gravidade de ser unha causa de tropezo para nós mesmos ou para outros.

18:6, 7

  • O termo traducido como “escándalos” refírese a calquera acción ou circunstancia que nos leve a actuar mal, dar un paso en falso e mesmo caer en sentido moral, ou caer no pecado.

  • Xesús di que á persoa que provoque tales efectos nos demais máis lle valería que lle colgasen unha pedra de muíño ó pescozo.

Pedras de muíño

18:8, 9

  • Xesús aconselloulles ós seus seguidores que, se algo os poñía en perigo, debían arrincalo e tiralo lonxe por moi valioso que fose, coma unha man ou un ollo.

  • Sería mellor perder cousas tan valiosas e entrar no Reino de Deus, que conservalas e ser destruídos para sempre.

Que pode chegar a ser unha causa de tropezo na miña vida, e como podo evitar ser unha causa de tropezo para outros?