A NOSA VIDA CRISTIÁ
Agardemos arelantes con aguante
Canto tempo levas agardando a que chegue o Reino de Deus? Segues agardando con paciencia e constancia malia as dificultades? (Rm. 8:25). Algúns cristiáns encaran odio, maltrato, cárcere ou mesmo ameazas de morte. Moitos sofren enfermidades crónicas ou son de idade.
Que nos axudará a agardar arelantes malia calquera dificultade? Temos que cultivar a nosa fe lendo e reflexionando na Biblia tódolos días. Debemos concentrarnos na nosa esperanza (2 Cor. 4:16-18; Heb. 12:2). Supliquémoslle a Xehová que nos dea forzas mediante o seu espírito santo (Lc. 11:10, 13; Heb. 5:7). O noso agarimoso Pai pode axudarnos a seguir “con ledicia pacientes e constantes a toda proba” (Col. 1:11).
DESPOIS DE VER O VÍDEO “CORRAMOS CON AGUANTE”. CONFIEMOS EN QUE LEVAREMOS PREMIO, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que problemas inesperados poden xurdir na vida? (Ecl. 9:11)
-
Como nos axuda a oración cando encaramos dificultades?
-
Se non podemos facer tanto por Xehová coma antes, por que deberiamos concentrarnos no que aínda podemos facer?
-
Que che axuda a seguir confiando en que levarás premio?