Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Melloremos as nosas habilidades na predicación. Interrompamos o curso da Biblia se o estudante non avanza

Melloremos as nosas habilidades na predicación. Interrompamos o curso da Biblia se o estudante non avanza

POR QUE É IMPORTANTE. Para salvarse, hai que invocar o nome de Xehová (Rm. 10:13, 14). Porén, iso non significa que tódalas persoas que comezan un curso da Biblia queiran obedecer as Súas normas. Aproveitemos o tempo que dedicamos a predicar e ensinar axudando a quen de verdade está disposto a facer os cambios precisos para achegarse a Xehová. Se un estudante non fai progresos significativos logo dun tempo razoable, o mellor é deixalo e centrar os nosos esforzos nas persoas ás que Xehová atrae cara a el e ó seu pobo (Xn. 6:44). Agora ben, se no futuro a persoa fai cambios e se mostra favorable a aceptar a mensaxe da Biblia, estaremos encantados de recomezar o curso (Feit. 13:48).

COMO O FAGO

  • Felicita o estudante por querer chegar a un “coñecemento da verdade” (1 Tim. 2:4).

  • Explícalle a importancia de que poña en práctica o que aprende (Lc. 6:46-49).

  • Coméntalle con tacto a parábola do sementador, e anímao a pensar en que lle impide poñer en práctica o que aprende (Mt. 13:18-23).

  • Explícalle con delicadeza por que vas interromper o curso.

  • Dille que de vez en cando o visitarás para animalo, e que no futuro poderá recomezar o curso se fai algún progreso.

DESPOIS DE VER O VÍDEO, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que aprendiches da conversa na que se vía que o estudante non estaba poñendo en práctica o que aprendía?

  • Que fixo o predicador para axudarlle a entender que debía facer cambios?

  • Como lle explicou o predicador que podería retomar o curso da Biblia máis adiante?