Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Percibimos “o que de Deus é invisible”?

Percibimos “o que de Deus é invisible”?

Cando observamos as cores dunha flor, un ceo cheo de estrelas ou unha estrondosa fervenza, pensamos en quen as creou? Todo canto nos rodea revela como é Xehová (Rm. 1:20). Se nos paramos a pensar no que vemos, podemos percibir o poder, o amor, a sabedoría e a xustiza de Deus, ademais da súa xenerosidade (Sal. 104:24).

Cales son algunhas das obras de Xehová que podemos atopar no noso día a día? Mesmo se vivimos nunha cidade, temos paxaros ou árbores ó noso arredor. Dedicar tempo a observar a creación de Xehová axúdanos a reducir a ansiedade, a centrarnos nas cousas que de verdade importan e aumenta a nosa fe en que Xehová pode coidar de nós por toda a eternidade (Mt. 6:25-32). Se temos fillos, axudémoslles a percibir a inigualable personalidade de Xehová. Canto máis valoremos a creación, máis nos achegaremos ó Creador (Sal. 8:4, 5 [8:3, 4 NM]).

DESPOIS DE VER O VÍDEO AS MARABILLAS DA CREACIÓN REVELAN A GLORIA DE DEUS. A LUZ E A COR, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que os pigmentos nos permiten ver cores?

  • Por que se produce a iridescencia?

  • Por que vemos diferentes cores no ceo?

  • Que cores da natureza che chaman a atención na zona onde vives?

  • Por que deberiamos dedicar tempo a observar con calma a natureza?

Que revelan a luz e a cor sobre a personalidade de Xehová?