Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | MARCOS 9-10

Unha visión que fortalece a nosa fe

Unha visión que fortalece a nosa fe

9:1-7

Imaxina como debeu sentirse Xesús durante a transfiguración cando o seu Pai nos ceos lle dixo que o aprobaba. Seguro que as palabras de Xehová lle deron forzas para afrontar o sufrimento que lle agardaba. Esta visión tamén calou profundamente en Pedro, Santiago e Xoán, pois convenceunos de que Xesús era o Mesías e de que facían ben en escoitalo. Uns trinta e dous anos despois, Pedro aínda lembraba como aquela experiencia fortalecera a súa fe na “palabra profética” (2 Pe. 1:16-19).

Malia que ningún de nós presenciou aquela abraiante visión, todos presenciamos o seu cumprimento. Xesús está a gobernar como Rei poderoso e axiña sairá “coma vencedor” para establecer un xusto mundo novo (Ap. 6:2).

Como fortaleceu a túa fe ver o cumprimento das profecías bíblicas?