Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Amosemos amor na familia

Amosemos amor na familia

O amor é o pegamento que mantén a familia unida. Sen amor, é máis difícil conservar a unidade e cooperar uns cos outros. Como poden os homes, as mulleres e os pais amosar amor na familia?

O home que amosa amor terá en conta as necesidades, o punto de vista e os sentimentos da súa muller (Ef 5:28, 29). Ademais, encargarase de que a familia teña todo o que precise en sentido material e espiritual. Isto inclúe celebrar regularmente a adoración en familia (1Ti 5:8). A muller que amosa amor manterase en suxeición ó seu home e mostraralle profundo respecto (Ef 5:22, 33; 1Pe 3:1-6). Os cónxuxes deben estar dispostos a perdoarse (Ef 4:32). Os pais que amosan amor interésanse en cada fillo e ensínanlle a amar a Xehová (Dt 6:6, 7; Ef 6:4). Que desafíos afrontan na escola? Como encaran a presión de grupo? Se todos na familia se amosan amor, sentiranse seguros e protexidos.

DESPOIS DE VER O VÍDEO AMOSEMOS NA FAMILIA O AMOR QUE NUNCA FALLA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • De que maneiras un bo home coida e valora a súa muller?

  • De que maneiras unha boa muller amosa profundo respecto polo seu home?

  • De que maneiras inculcan os bos pais a Palabra de Deus nos seus fillos?