Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

A disciplina, unha mostra do amor de Xehová

A disciplina, unha mostra do amor de Xehová

A disciplina está relacionada sobre todo coa instrución e a educación, pero tamén pode incluír corrección e castigo. Xehová disciplínanos para que poidamos adoralo como el quere (Rm 12:1; Heb 12:10, 11). Recibir disciplina pode ser difícil, pero axúdanos a ser persoas xustas e tráenos bendicións (Pr 10:7). Que debería ter en conta quen disciplina a outros? E quen recibe disciplina?

Quen disciplina. Os anciáns, os pais e outras persoas esfórzanse por disciplinar con amor e agarimo, igual ca Xehová (Xer 46:28). A disciplina debe gardar proporción coa situación e estar motivada polo amor (Tit 1:13).

Quen recibe disciplina. Sen importar a clase de disciplina que recibamos, debemos aceptala e levar á práctica deseguida os consellos que nos dean (Pr 3:11, 12). Ó ser imperfectos, todos necesitamos que nos disciplinen, dun xeito ou outro. Poida que recibamos disciplina por algo que leamos na Biblia ou escoitemos na reunión. E, ás veces, algúns precisan recibila por medio dun comité xudicial. Se aceptamos a disciplina e facemos os cambios necesarios, teremos vida eterna (Pr 10:17).

DESPOIS DE VER O VÍDEO XEHOVÁ DISCIPLÍNANOS PORQUE NOS QUERE, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como era a vida de Canon ó principio, e como cambiou?

  • Que agarimosa disciplina recibiu de Xehová?

  • Aprende a estimar a disciplina de Xehová

    Que aprendemos da experiencia de Canon?