Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Esteamos preparados durante a parte final dos últimos días

Esteamos preparados durante a parte final dos últimos días

A medida que nos adentramos na parte final dos últimos días, podemos esperar que as dificultades vaian a máis (2Ti 3:1; “grandes sufrimentos” nota de estudo para Mt 24:8, nwtsty). A miúdo, cando encaramos un desastre, os servos de Xehová recibimos instrucións oportunas que poden salvarnos a vida. Neses momentos a nosa supervivencia dependerá de que agora sexamos obedientes e nos preparemos, tanto espiritualmente como fisicamente (Lc 16:10).

  • Prepárate espiritualmente. Ten unha boa rutina. Aprende a predicar de diferentes formas. Non teñas medo se temporalmente estás illado dos irmáns da congregación (Is 30:15). Nunca estarás illado de Xehová e de Xesús (od-S páxs. 175-176 pars. 15-17).

  • Prepárate fisicamente. Ademais das mochilas de emerxencia, deberiamos ter unha cantidade razoable de reservas de comida, auga, menciñas e outras cousas necesarias por se hai que refuxiarse nalgún lugar durante un período longo de tempo (Pr 22:3; g17.5-S páxs. 4, 6).

DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO PREPARARNOS PARA UN DESASTRE NATURAL, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como podemos prepararnos espiritualmente para un desastre?

  • Por que debemos...

    • manter unha boa comunicación cos anciáns?

    • preparar unha mochila de emerxencia?

    • analizar os tipos de desastres que poden ocorrer na nosa zona e que facer en cada caso?

  • De que tres xeitos podemos axudar a quen sofre un desastre?

PREGÚNTATE: Que me ensinou a pandemia da COVID-19 sobre estar ben preparado?