Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN

Ensinemos con entusiasmo

Ensinemos con entusiasmo

O entusiasmo é contaxioso. Pode captar a atención de quen nos escoita. Tamén demostra que valoramos a mensaxe que levamos. Sen importar os nosos antecedentes culturais ou a nosa personalidade, todos podemos amosar entusiasmo (Rm 12:11). Como facelo?

Primeiro, pensa na importancia da mensaxe que levas. Tes o honor de anunciar boas noticias (Rm 10:15). Segundo, reflexiona no bo efecto que poden ter estas boas noticias en quen te escoita. As persoas precisan escoitar o que lles vas dicir (Rm 10:13, 14). Por último, fala con intensidade e viveza, que os teus xestos sexan sinceros e as túas expresións faciais naturais.

DESPOIS DE VER O VÍDEO A ALEGRÍA DE FACER DISCÍPULOS. MELLORA AS TÚAS HABILIDADES. ENSINA CON ENTUSIASMO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que Iria xa non se sentía tan entusiasmada coma antes por darlle clases da Biblia a Rut?

  • Que lle axudou a Iria a recuperar o entusiasmo?

  • O entusiasmo é contaxioso

    Por que debemos centrarnos nas boas calidades de quen nos escoita?

  • Que efecto pode ter o noso entusiasmo en quen estuda a Biblia con nós e noutras persoas?