A NOSA VIDA CRISTIÁ
Podes controlar os teus desexos
Como somos imperfectos, temos que esforzarnos continuamente por controlar os nosos desexos. Se non o facemos, podemos perder o favor de Xehová. Por exemplo, algunhas persoas valoran máis ter unha casa, comida e roupa que a súa relación con Deus. Outras satisfán os seus desexos sexuais de maneiras que van en contra das normas de Xehová (Rm 1:26, 27). E tamén hai quen se deixa influenciar polos demais para facer cousas malas porque queren que os acepten (Éx 23:2).
Como podemos controlar os nosos desexos? Debemos facer todo o posible por concentrarnos en asuntos que lle agradan a Xehová (Mt 4:4). Tamén debemos suplicarlle que nos axude. Por que? Porque El coñece o que é mellor para nós e sabe como satisfacer os nosos desexos que son apropiados (Sl 145:16).
DESPOIS DE VER O VÍDEO A QUEN FUMA, A VIDA SE LLE ESFUMA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Por que fuman algunhas persoas?
-
Que nos pode pasar se fumamos?
-
Por que está mal fumar e vaporear? (2Co 7:1).
-
Como podemos rexeitar ou incluso deixar o hábito de fumar?