Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Utiliza as noticias actuais cando prediques

Utiliza as noticias actuais cando prediques

Xesús utilizaba sucesos que eran de actualidade para ensinar (Lc 13:1-5). Ti tamén podes usar noticias actuais para espertar o interese das persoas na mensaxe do Reino. Despois de falar do cara que está a vida, dun desastre natural, dalgún disturbio civil, dos problemas que causan as drogas ou dalgún tema similar, pregúntalle á persoa algo que a faga pensar. Por exemplo: “Pensas que algún día poderemos ver o fin de...?” ou “Cal pensas que pode ser a solución para...?”. Entón, le un versículo da Biblia que fale do tema. Se a persoa demostra interese, ensínalle un vídeo ou unha publicación das nosas ferramentas básicas de ensino. Fagamos todo o que poidamos por chegar ó corazón das persoas cando lles predicamos (1Co 9:22, 23).

Que temas poderían interesarlles máis ás persoas que viven na zona onde ti predicas?