A NOSA VIDA CRISTIÁ
Veste a ti mesmo como te ve Xehová?
Xehová quere moito os seus servos (Sl 149:4). Aínda que somos imperfectos, el ve as nosas boas calidades e o potencial que temos. Pero ás veces pode resultarnos difícil vernos a nós mesmos dunha maneira equilibrada. Quizais teñamos unha autoestima moi baixa pola maneira na que outros nos tratan. Ou poida que nos centremos nos erros do pasado e por iso dubidemos de se Xehová realmente nos quere. Que pode axudarnos cando nos sintamos así?
Recordemos que Xehová é capaz de ver o que as persoas non podemos ver (1Sa 16:7). Isto significa que ve máis alá do que nós vemos en nós mesmos. Pero coa axuda da Biblia podemos entender como nos ve Xehová. Conseguirémolo se lemos versículos e relatos que mostran canto quere Xehová os seus servos.
DESPOIS DE VER O VÍDEO FAI QUE O TEU CORAZÓN SE SINTA SEGURO DIANTE DE XEHOVÁ, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que nos ensina o exemplo do corredor e seu pai sobre como nos ve Xehová?
-
Se unha persoa que comete un pecado grave dá os pasos necesarios para reparar a súa relación con Xehová, como pode facer que o seu corazón “se sinta seguro diante de Deus”? (1Xn 3:19, 20, TNM).
-
Como lle axudou ó irmán ler e meditar nos relatos sobre David e Ioxafat?