A NOSA VIDA CRISTIÁ
Desfrutemos empezando conversacións
Unha forma de predicar na que podemos desfrutar moito, e que ademais é moi efectiva, é a predicación informal. Pero se nos centramos demasiado en como empezar a falar da Biblia, poida que nos poñamos nerviosos tan só con pensar en iniciar a conversación. En vez de estar demasiado preocupados polo que imos dicir para predicar, centrémonos en mostrar interese persoal (Mt 22:39; Flp 2:4). Se durante a conversación aparece a oportunidade de falarlle á persoa da verdade, temos moitas ferramentas que nos axudarán.
Como poden axudarnos as seguintes ferramentas a predicar aproveitando un dos temas da conversación que temos coa persoa?
DESPOIS DE VER O VÍDEO “CO FERRO AFÍASE O FERRO”. EMPEZAR CONVERSACIÓNS, RESPONDE A SEGUINTE PREGUNTA:
Cales son os tres pasos que nos axudarán a mellorar as nosas habilidades para conversar?