A NOSA VIDA CRISTIÁ
Estás preparado para unha crise económica?
Non nos sorprende que debido ós sucesos mundiais vivamos nun ambiente de inestabilidade económica. Por que non? Porque estamos vivindo na parte final dos últimos días e a Biblia aconséllanos non poñer a nosa esperanza “na riqueza incerta” (1Ti 6:17; 2Ti 3:1). Que nos ensina o exemplo do rei Ioxafat sobre como prepararnos para unha crise económica?
Cando se enfrontou a unha ameaza por parte das nacións inimigas, Ioxafat confiou en Xehová (2Cr 20:9-12). Antes de que chegasen os problemas, preparou a nación fortificando as cidades e establecendo nelas campamentos militares (2Cr 17:1, 2, 12, 13). Igual ca Ioxafat, debemos confiar en Xehová e prepararnos para os tempos difíciles.
DESPOIS DE VER O VÍDEO ESTÁS PREPARADO?, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que podes facer para prepararte por se hai un desastre?
-
Como podes prepararte para axudar a outros?