Ir ó contido

Ir ó índice

27 de maio–2 de xuño

SALMOS 42-44

27 de maio–2 de xuño

Canción sjj 86 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Aproveita ó máximo a educación divina

(10 min)

Adora a Xehová xunto a outros, e a poder ser en persoa (Sl 42:5, 6 [42:4, 5, TNM]; w06 1/6 páx. 9 par. 4).

Ora antes de estudar a Biblia (Sl 42:8, TNM; w12 15/1 páx. 15 par. 2).

Deixa que a Biblia che guíe en todo o que fagas (Sl 43:3).

A educación divina dános forzas para afrontar as probas e para cumprir a nosa promesa de servir a Xehová sempre (1Pe 5:10; w16.09 páx. 5 pars. 11, 12).

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 44:20 (44:19, TNM). Que significa posiblemente a expresión “botáchesnos ós chacais”? (it-1 páx. 470)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 44:2-27 (44:1-26, TNM) (th aspecto da oratoria 11).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(4 min) DE CASA EN CASA. Ofrece un curso da Biblia (lmd lección 5 punto 5).

5. Cultiva o interese

(5 min) DE CASA EN CASA. Invita a persoa ó seguinte discurso público. Presenta o vídeo Como son as nosas reunións? (lmd lección 7 punto 5).

6. Discurso

(3 min) lmd apéndice A punto 4. Título: “Todo o mundo terá saúde perfecta” (th aspecto da oratoria 2).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sn 40

7. Toma decisións sabias sobre o traballo e a educación

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Rapaz, xa estas pensando no que farás cando acabes o instituto? Poida que xa saibas dun traballo que che permitirá ser pioneiro. Ou ó mellor estás pensando en seguir estudando para aprender unha habilidade, obter un certificado ou conseguir un título que che axude a encontrar ese traballo. Este é un momento moi emocionante da túa vida! Pero é posible que te sintas frustrado ó ver que tes tantas opcións ou pola presión de ter que tomar unha decisión que lles guste ós demais. Que che pode axudar a tomar decisións sabias?

Le Mateo 6:32, 33. A continuación fai as seguintes preguntas:

  • Por que é bo ter en mente as metas espirituais antes de tomar decisións importantes sobre o traballo e a educación?

  • Como poden axudar os pais ós seus fillos a poñer en práctica o que di Mateo 6:32, 33? (Sl 78:4-7)

Ten coidado de que o desexo de ter seguridade económica ou de ser famoso non inflúa nas túas decisións (1Xn 2:15, 17). Recorda que a quen ten moitos cartos pode serlle máis difícil poñer en primeiro lugar o Reino na súa vida (Lc 18:24-27). Se te esforzas por ser rico serache moi difícil cultivar unha fe forte e concentrarte en facer feliz a Xehová (Mt 6:24; Mr 8:36).

Pon o VÍDEO Non confíes nas cousas que acabarán fallando. As riquezas. A continuación fai a seguinte pregunta:

  •   Como pode axudarche Proverbios 23:4, 5 a tomar boas decisións?

8. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sjj 47 e oración