Ir ó contido

Ir ó índice

6-12 de maio

SALMOS 36-37

6-12 de maio

Canción sjj 87 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. “Non te alporices por cousa dos malvados”

(10 min)

A xente mala fainos dano (Sl 36:2-5 [36:1-4, TNM]; w17.04 páx. 10 par. 4).

Cando seguimos enfadados cos malvados facémonos dano a nós mesmos (Sl 37:1, 7, 8; w22.06 páx. 10 par. 10).

Confiar nas promesas de Xehová dános paz (Sl 37:10, 11; w03 1/12 páx. 13 par. 20).

PREGÚNTATE: Dedícolle demasiada atención ás noticias violentas?

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 36:7 (36:6, TNM). A que se refería posiblemente o salmista cando dixo que a xustiza de Xehová é “coma os montes”? (it-2 páx. 424)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 37:1-26 (th aspecto da oratoria 10).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(3 min) DE CASA EN CASA. (lmd lección 1 punto 5)

5. Cultiva o interese

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Ofrécelle un curso da Biblia a unha persoa que o rechazou no pasado (lmd lección 9 punto 4).

6. Discurso

(5 min) ijwbv 45-S. Título: “Cal é o significado do Salmo 37:4?” (th aspecto da oratoria 13).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sn 38

7. Estás preparado para os “tempos de angustia”?

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Hai irmanciños por todo o mundo que sufriron traxedias por culpa de desastres naturais ou provocados polo home (Sl 9:9, 10, TNM). Tristemente, a realidade é que os “tempos de angustia” poden vir en calquera momento, así que temos que estar preparados.

Ademais de prepararnos fisicamente, a que nos axudará a enfrontarnos ós desastres?

  • Prepárate mentalmente: Ten claro que os desastres ocorren, así que pensa no que facer cando veñan. Evita collerlles cariño ás cousas materiais. Isto axudarache a actuar con sabedoría e decisión, porque poñerás a túa seguridade e a túa vida antes que as túas posesións (Xén 19:16; Sl 36:10 [36:9, TNM]). Tamén che axudará se perdes as túas cousas durante o desastre (Sl 37:19).

  • Prepárate espiritualmente: Fortalece a túa confianza en que Xehová pode e quere coidarte (Heb 13:5). Antes de que ocorra un desastre, medita regularmente en que Xehová guiará e apoiará os seus servos aínda que ó final só sexan donos da súa propia vida (Xer 45:5; Sl 37:23, 24).

Cando estamos seguros de que Xehová cumprirá as súas promesas convértese no noso “refuxio no tempo da angustia” (Sl 37:39).

Pon o VÍDEO Estás preparado? A continuación fai as seguintes preguntas:

  • Como pode axudarche Xehová cando ocorre un desastre?

  • Que pasos podes dar para prepararte?

  • Como podes axudar os que pasan por desastres?

8. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción snnw 142 e oración

a Mira a revista ¡Despertad! número 5 de 2017, páxinas 4 a 6 (dispoñible en español).