Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 1-5

Xob mantívose íntegro ante as probas

Xob mantívose íntegro ante as probas

Xob viviu en Us nos tempos en que os israelitas vivían como escravos en Exipto. Aínda que el non era israelita, foi un servo fiel de Xehová. Tiña unha familia moi numerosa, era un home rico e con influencia na comunidade, un conselleiro moi respectado, e un xuíz imparcial. Ademais, era xeneroso cos pobres e cos necesitados. Xob era un home íntegro.

Xob demostrou que o máis importante na súa vida era Xehová

1:8-11, 22; 2:2-5

  • Satán fixouse en que Xob era un home íntegro e, aínda que non negou que obedecía a Xehová, cuestionou os motivos de Xob.

  • Satán afirmou que Xob servía a Xehová pola súa comenencia.

  • Para dar unha resposta á acusación do Demo, Xehová deixou que atacase ó seu fiel servo. Satán arruinoulle a vida a Xob.

  • Ó ver que Xob se mantivo íntegro, Satán cuestionou a integridade de tódalas persoas.

  • Xob nin pecou nin acusou a Xehová de facer nada malo.