Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Sexamos mellores mestres. Como deseñar a túa propia presentación das revistas

Sexamos mellores mestres. Como deseñar a túa propia presentación das revistas

POR QUE É IMPORTANTE. Aínda que as presentacións modelo do caderno de estudo conteñen ideas moi prácticas, son só un exemplo. Debemos usar as nosas palabras. Quizais prefiras abordar o tema doutro xeito, ou presentar outro artigo que creas que chame máis a atención na túa zona. En tal caso, despois de ler a revista, mirar as presentacións modelo e ver as demostracións en vídeo, podes considerar as seguintes suxestións.

COMO FAGO?

Pensa: “Vou usar algunha das presentacións modelo?”

SI

  • Prepara unhas palabras de introdución. Despois de saudar, explica brevemente o motivo da túa visita (por exemplo: “Estou visitando os veciños porque...”).

  • Pensa en como vas facer a transición entre a pregunta, o texto e maila publicación (por exemplo, para introducir un texto poderías dicir: “Aquí poderá atopar unha resposta satisfactoria a esta pregunta”).

NON

  • Escolle un tema da revista que che guste e poida interesar ás persoas da túa zona.

  • Prepara unha pregunta de opinión que anime a persoa a pensar e a conversar, pero que non a poña nun compromiso (por exemplo, as preguntas que aparecen na páxina 2 das revistas).

  • Escolle o texto bíblico que vas ler (se vas presentar a ¡Despertad!, ler un texto é opcional, xa que esta revista está pensada para aquelas persoas cun coñecemento moi limitado da Biblia, ou mesmo que desconfían da relixión).

  • Prepara unha ou dúas frases para explicarlle á persoa por que lle será útil ler o artigo.

NOS DOUS CASOS

  • Pensa en que pregunta deixarás pendente para a seguinte visita.

  • Fai unhas notas que che axuden a recordar o que queres dicir cando volvas.