Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como usar o folleto Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?

Como usar o folleto Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?

O folleto Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día? deseñouse para consideralo ó principio ou ó final de cada sesión de estudo. * As leccións 1 a 4 axudan ós estudantes a saber quen somos as testemuñas de Xehová, as leccións 5 a 14 describen as nosas actividades, e as leccións 15 a 28 explican como funciona a nosa organización. Normalmente é mellor considerar as leccións por orde, salvo que se precise abordar algún tema en concreto. Tódalas leccións son dunha soa páxina e pódense considerar en cinco ou dez minutos coa maioría dos estudantes.

  • Destaca a pregunta do título.

  • Lede a lección xuntos, enteira ou por seccións.

  • Comentade o que lestes. Usa as preguntas da parte inferior e as fotografías. Lede e comentade os textos que che parezan máis axeitados. Explícalle que os subtítulos en letra grosa dan resposta ó título da lección.

  • Se hai un recadro “Segue aprendendo”, lédeo xuntos e anima ó teu estudante a seguir a suxestión que contén.

^ par.3 A versión en liña é a máis actualizada.