Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como usar o folleto Escoita a Deus e vivirás para sempre

Como usar o folleto Escoita a Deus e vivirás para sempre

Este folleto está pensado para ensinar as verdades básicas da Biblia dun xeito visual ás persoas que teñan dificultades de aprendizaxe a partir dun texto escrito. Cada lección consta de dúas páxinas e contén varias ilustracións coidadosamente deseñadas e colocadas a modo de fío condutor das ensinanzas.

As ilustracións desta publicación están combinadas con texto. O predicador pode ler en voz alta, e o estudante pode ir seguindo a lectura mirando as ilustracións en caso de que teña dificultades para ler. Moitas das páxinas conteñen un recadro con información adicional para analizar co estudante dependendo da súa capacidade.

Podes ofrecer este folleto en calquera momento, mesmo se non é a publicación recomendada para o mes. Cando esteas dando unha clase da Biblia, utiliza as ilustracións para explicar os textos bíblicos. Fai preguntas para que o estudante participe e para asegurarte de que entende o que lle estás explicando. Le e comenta co estudante os textos bíblicos situados ó final de cada páxina. Ó rematar esta publicación, podedes continuar co libro Que ensina realmente a Biblia? a fin de axudarlle a dar os pasos necesarios ata o bautismo.