Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | XEREMÍAS 12-16

Israel esqueceu a Xehová

Israel esqueceu a Xehová

Xeremías recibiu unha tarefa moi difícil que representaría a decisión de Xehová de acabar co teimudo orgullo da xente de Xudá e Xerusalén.

Xeremías merca unha faixa de liño

13:1, 2

  • A faixa cinguida nos cadrís representaba a relación estreita que podían ter Xehová e mailo pobo.

Xeremías leva a faixa ó río Éufrates

13:3-5

  • Escondeuna na fendedura dun penedo e volveu a Xerusalén.

Xeremías volve ó río Éufrates a recoller a faixa

13:6, 7

  • A faixa estaba podre, botárase a perder.

Xehová explicoulle o asunto a Xeremías despois de que este cumprira as súas instrucións

13:8-11

  • A obediencia incondicional de Xeremías en algo que non parecía importante contribuiu ós esforzos de Xehová por chegar ó corazón do pobo.