Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como cultivar amor a Deus e ó próximo

Como cultivar amor a Deus e ó próximo

Aínda que os cristiáns non temos que obedecer a Lei de Moisés, Xehová segue a esperar de nós que obedezamos os seus dous mandamentos máis importantes: amar a Deus e o próximo (Mt. 22:37-39). Este amor non xorde automaticamente, senón que debemos cultivalo. Como? Unha maneira importante é lendo a Biblia a diario. Ó pensar nos distintos aspectos da personalidade de Xehová, decatámonos do bo que é (Sal. 27:4). Como consecuencia, sentiremos máis amor por el e aprenderemos a pensar coma el. Isto motivaranos a obedecer os seus mandamentos, incluído o de amar o próximo desinteresadamente (Xn. 13:34, 35; 1 Xn. 5:3). Vexamos tres suxestións para desfrutar máis da lectura da Biblia.

  • Usa a imaxinación e os cinco sentidos. Imaxina que estás alí. Que ves, que oes, que olores percibes? Como cres que se senten os personaxes do relato?

  • Cambia de método. Aquí tes algunhas opcións. Le en alto ou segue a lectura escoitando a gravación de son. Tamén podes ler sobre un personaxe bíblico ou un tema concreto en vez de ler a Biblia en orde. Por exemplo, por que non usas as seccións 4 ou 16 do folleto Guía para el estudio de la Palabra de Dios para ler acerca de Xesús? Le enteiro o capítulo correspondente ó texto do día. Outra posibilidade é ler os libros bíblicos na orde en que se escribiron.

  • Le para entender. É moito mellor ler un capítulo ó día entendendo o que lemos e reflexionando, que ler moitos capítulos só para avanzar. Pensa no contexto. Párate nos detalles. Usa os mapas e as referencias á marxe. Investiga sobre, polo menos, un punto que non entendas. Se podes, dedica o mesmo tempo a ler que a meditar.