Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | MATEO 25

“Vixiade”

“Vixiade”

25:1-12

Aínda que Xesús dirixiu a súa parábola das dez mociñas ós seus discípulos unxidos, a súa mensaxe básica aplica a tódolos cristiáns (w15-S 15/3 páxs. 12-16). “Vixiade, logo, xa que non sabedes nin o día nin a hora” (Mt. 25:13). Saberías explicar esta parábola?

  • O noivo (versículo 1). Xesús.

  • As mociñas asisadas e preparadas (versículo 2). Os cristiáns unxidos que están preparados para cumprir fielmente co seu labor e que relocen coma fachos ata que chegue a fin (Flp. 2:15).

  • O berro “¡Veña, que chega o noivo!” (versículo 6). O sinal da presenza de Xesús.

  • As mociñas parvas (versículo 8). Os cristiáns unxidos que saíron buscar o noivo pero que non están atentos e se volven infieis.

  • As mociñas asisadas non comparten o aceite (versículo 9). Logo de recibir o selo final, será demasiado tarde para que os unxidos fieis axuden ós que se volveron infieis.

  • “Chegou o noivo” (versículo 10). Xesús chega para xulgar e executar sentenza cara á fin da gran angustia.

  • As mociñas asisadas entran no banquete de vodas, e a porta pecha (versículo 10). Xesús xunta os unxidos fieis nos ceos, e os unxidos infieis quedan sen a súa recompensa celestial.