“Quen queira ser importante, que sirva ós demais”
Os orgullosos escribas e fariseos querían impresionar os demais e ser prominentes (Mt. 23:5-7). Pero Xesús era ben distinto, el dixo: “O Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir” (Mt. 20:28). E nós, centrámonos naqueles aspectos do noso servizo a Deus que nos reportan louvanzas e recoñecemento? Unha persoa importante ós ollos de Xehová fai todo o posible por servir ós demais. Isto implica facer cousas que a outros lles pasarán desapercibidas, e que as máis das veces só verá Xehová (Mt. 6:1-4). Os ministros humildes...
-
colaboran na limpeza e mantemento da Sala de Reunións.
-
toman a iniciativa en axudar ós maiores e a outros.
-
contribúen economicamente para a obra do Reino.