Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Carta de mostra

Carta de mostra
  • Usa o teu propio enderezo. Se pensas que isto non é prudente, podes usar o enderezo da Sala de Reunións, sempre e cando contes co permiso dos anciáns. Pero NUNCA debes usar o enderezo da sucursal no remitente.

  • Emprega o nome da persoa, se o sabes. Unha carta personalizada non dará a impresión de que é publicidade.

  • Coida a gramática, a ortografía e a puntuación. A carta debe estar limpa e ben organizada. Se a escribes a man, asegúrate de que a letra se entende ben. O ton non debe ser nin moi formal nin demasiado informal.

A seguinte carta de mostra pon en práctica estas ideas. Non tes que copiala palabra por palabra cando queiras escribirlle a alguén da zona na que predicas. Adapta a túa carta ó teu obxectivo e ós costumes e circunstancias locais.