Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como redactar ben as cartas

Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como redactar ben as cartas

POR QUE É IMPORTANTE. O libro de 1 Corintios é unha das catorce cartas que o apóstolo Paulo escribiu para animar os cristiáns. As cartas permiten a quen as escribe escoller ben as palabras que vai usar, e quen as recibe pode lelas unha e outra vez. Son unha boa maneira de predicarlles á nosa familia e coñecidos. Ademais, permítennos predicarlles ás persoas coas que non podemos falar cara a cara. Por exemplo, hai persoas que se interesan na nosa mensaxe pero é difícil dar con elas na casa. Outras viven en edificios de alta seguridade, urbanizacións privadas ou zonas illadas. Que debemos ter en conta ó escribirmos unha carta, sobre todo se vai dirixida a un descoñecido?

COMO FAGO?

  • Escribe o mesmo que dirías en persoa. Preséntate xa ó principio e deixa claro o motivo da carta. Podes facerlle unha pregunta para que pense nela e indicarlle que pode atopar a resposta na nosa páxina web. Fálalle dos cursos bíblicos que damos a domicilio, ou menciónalle os títulos dalgúns capítulos dunha das publicacións que empregamos nestes cursos. Podes agregar á carta algunha publicación, por exemplo unha tarxeta de jw.org, unha invitación ou unha folliña.

  • Sé breve. Se a carta é moi longa, poida que a persoa se canse de ler nela (mira a carta de mostra).

  • Revísaa para que non conteña erros e sexa fácil de ler. Asegúrate de que soa amigable, respectuosa e positiva. Comproba que leva selos abondo para que chegue ó seu destinatario.