Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Usemos os vídeos ó dar cursos da Biblia

Usemos os vídeos ó dar cursos da Biblia

Os medios visuais captan a nosa atención e axúdannos a entender e lembrar o que aprendemos. Xehová, o mellor mestre, usounos para ensinar leccións importantes (Xén. 15:5; Xer. 18:1-6). Xesús tamén fixo uso deste método (Mt. 18:2-6; 22:19-21). Un dos medios visuais que mellores resultados está tendo nos últimos anos son os vídeos. Fas bo uso deles ó dar cursos da Biblia?

Contamos con dez vídeos que nos axudan se estamos a estudar co folleto Deus ten boas noticias!. Os máis deles correspóndense con algunha das preguntas que aparecen en letra grosa no folleto. A versión en liña do folleto inclúe enlaces que nos indican cando debemos poñer o vídeo. Ademais, nas ferramentas básicas de ensino temos outros vídeos que complementan a información das publicacións que usamos nos cursos bíblicos.

Estás a tratar un tema que lle custa entender ó teu estudante? Está a pasar por algunha situación difícil? Busca nos vídeos que temos en jw.org® e JW Broadcasting® e seguro que atopas algún que o pode axudar. Se cadra podedes ver xuntos algún destes vídeos e comentalo.

Tódolos meses saen vídeos novos. Cando os vexas, pensa en como os podes empregar para ensinar.