ROMANOS 12-14
TESOUROS DA BIBLIA |Que implica demostrar amor cristián
12:10, 17-21
Cando alguén nos ofende, o amor cristián implica algo máis que non devolver o mal. “Se o teu inimigo ten fame, dálle de comer; se ten sede, dálle de beber: obrando así, amoreas brasas acesas enriba da súa cabeza” (Rm. 12:20). Se tratamos ben a quen nos fixo mal pode que o movamos a arrepentirse.
Como te sentiches cando te tratou ben alguén a quen ofendiches sen querer?