16-22 de marzo
XÉNESE 25-26
Canción 149 e oración
Comentarios de introdución (1 min)
TESOUROS DA BIBLIA
“Esaú vende a primoxenitura” (10 min)
Xén. 25:27, 28. Aínda que eran xemelgos, Esaú e Xacob tiñan personalidades e gustos diferentes (it-2 páx. 8 par. 1)
Xén. 25:29, 30. Esaú permitiu que a fame e o esgotamento controlasen os seus actos
Xén. 25:31-34. Esaú amosou que non era agradecido ó non dubidar en vender a súa primoxenitura por unha comida (w19.02 páx. 16 par. 11; it-2 páx. 717 par. 1)
Afondemos nas Escrituras (10 min)
Xén. 25:31-34. Cando o apóstolo Paulo falou deste relato na carta ós Hebreos, que quería salientar? (Heb. 12:16; w17.12 páx. 15 pars. 4-6)
Xén. 26:7. Por que non dixo Isaac toda a verdade nesta ocasión? (it-2 páx. 368 par. 6)
Que ideas interesantes atopaches na lectura bíblica desta semana sobre Xehová, a predicación ou algún outro tema?
Lectura da Biblia. Xén. 26:1-18 (th aspecto da oratoria 5) (máximo 4 min)
SEXAMOS MELLORES MESTRES
Segunda visita (vídeo). Discurso con comentarios do auditorio. Pon o vídeo e a continuación fai as seguintes preguntas: De que xeito evitamos incomodar a persoa se non sabe a resposta á pregunta que lle facemos? Como lle axudou o predicador a entender Mateo 20:28? (5 min)
Segunda visita. Usa a conversa de mostra (th aspecto da oratoria 3) (máximo 4 min)
Segunda visita. Comeza coa conversa de mostra. A continuación ofrece o libro Ensina (th aspecto da oratoria 15) (máximo 4 min)
A NOSA VIDA CRISTIÁ
Empreguemos os vídeos co folleto Boas noticias. Discurso con comentarios do auditorio. Pon os vídeos En que estado se atopan os mortos? e Por que permite Deus o sufrimento?. Despois de cada vídeo fai as seguintes preguntas: Como podemos usar este vídeo cando estudemos o folleto Boas noticias coas persoas? (mwb19.03 páx. 7) Que ideas do vídeo poden axudarnos nas clases da Biblia? Lémbralles ós presentes que a versión dixital do folleto Boas noticias contén os enlaces ós vídeos (15 min)
Estudo bíblico de congregación. jy-S cap. 108; jyq cap. 108 (30 min)
Comentarios de conclusión (máximo 3 min)
Canción 50 e oración