A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como predicarlles ás persoas cegas
POR QUE É IMPORTANTE. Moitas persoas cegas non se senten cómodas falando con xente que non coñecen. Por iso, predicarlles implica sermos habilidosos. Xehová quéreas e preocúpase por elas (Lev. 19:14). Nós podemos imitar o seu exemplo se tomamos a iniciativa en axudarlles a aprender acerca de Xehová.
COMO FAGO?
-
Esfórzate por atopalas (Mt. 10:11). Coñeces alguén que teña algún familiar cego? Hai algún colexio ou asociación para os cegos na túa zona? Sabes dalgunha residencia de anciáns con persoas cegas que aceptaría publicacións específicas para elas?
-
Interésate por elas. Se as tratas de xeito agarimoso e te interesas por elas, será máis fácil que se sintan cómodas contigo. Tenta falarlles de temas que lles interesen.
-
Axúdalles a saber máis de Xehová. Con este obxectivo, a nosa organización produce publicacións en varios formatos. Se a persoa acepta unha publicación, pregúntalle en que formato a prefire. E entón, o responsable da predicación debe asegurarse de que o responsable de publicacións a pide no formato desexado.