XÉNESE 29-30
TESOUROS DA BIBLIA |Xacob casa
29:18-28
Xacob non sabía de tódolos problemas polos que tería que pasar despois de casar. Por exemplo, Raquel e Lea convertéronse en rivais (Xén. 29:32; 30:1, 8). Malia todo, Xehová sempre axudou a Xacob (Xén. 30:29, 30, 43). Co tempo, os seus descendentes formaron a nación de Israel (Rut 4:11).
Na actualidade, tódolos que casen tamén pasarán por problemas (1 Cor. 7:28). Inda así, poden ter un bo matrimonio e unha familia feliz se contan con Xehová e seguen os principios da Biblia (Pr. 3:5, 6; Ef. 5:33).